sábado, 26 de abril de 2014

ASÍ SE COCEU O CONTO XITANO.

Foi unha experiencia moi grata a cocción deste conto. Empezamos por buscalo na rede. Propúxose para o Día do pobo xitano Gustou. Propuxemos a súa  lectura en voz alta por un pequeno grupo de distintos cursos. Despois de pequenos ensaios todo o colexio puido degustalo nun dos actos do mes dos libros.Nas próximas semanas serán os ointes de Radio Principal Cadena SER quen o  catarán No vídeo un dos  primeiros ensaios.